O concello carballiñés inicia o "plan de mellora de rúas e viais" en Martínez Avellanosa, Conde Vallellano e Julio Rodríguez Soto

22, Outubro 2014

As obras motivan o corte ao tráfico durante as dúas xornadas nas que se vai acometer esta obra na rúa Martinez Avellanosa, os dias 23 e 24 de Outubro.

Os traballos consistirán  no arado da actúal capa de rodadura para posteriormente dotala dunha nova capa de asfaltado, entre as rotondas da N-541 e a da Alameda. A actuación de mellora completaráse despois co pintado da sinalización vial nesta rúa.

Trala execución da obra por parte da Xunta de Galicia, a administracción autonómica cederá a titularidade da mesma ao concello do Carballiño, tal como solicitou a institución municipal. Será tamén o caso das rúas Ourense, Conde Vallellano e Julio Rodríguez Soto, nas que tamén levaránse a cabo estas actuacións de mellora no transcurso dos vindeiros dias..