O concello carballiñés recoñece o labor innovador de "Frigoríficos Arcos" na tradición pulpeira

4, Agosto 2014

"Pola súa innovación á tradición do polbo no Carballiño", así reza a placa encastrada na figura dunha pulpiera coa que o concello do Carballiño recoñeceu á empresa "Frigoríficos Arcos" o seu labor, seguindo así a celebración de homenaxes a todos os que achegaron novos valores á Festa do Pulpo e de promoción do Carballiño .

As dúas primeiras homenaxes foron a Confitería Cerviño, que cumpría 50 anos no Carballiño nas mesmas datas que cumpría os mesmos anos a Festa, e o segundo a "O Bastoncito" primeiro operario do concello que se encargou de manter o Parque Municipal, onde se celebra a Festa do Polbo dende hai 52 anos.

Este ano os organizadores da festa quixeron render homenaxe a unha empresa pulpeira, das máis antigas do Carballiño, e que ao mesmo tempo está a achegar innovación na arte da cocción do polbo coa súa marca "A Pulpeira". Como explicaba Daniel González Atanes, "conseguimos crear o polbo cocido, envasado ao baleiro, e con todo o seu sabor, mesmo potenciado xa que se conserva no  propio xugo da coción". Contaba González Atanes que mesmo cociñeiros de renome como Berasategui xa se interesaron por este produto.

Pola súa banda o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, recordaba que os homenaxeados son "unha familia dedicada ao polbo dende fai 4 xeracións, e que innovaron para difundir aínda máis este produto dende O Carballiño, co que se engrandece máis ao levar a marca da capital mundial do Polbo,".