O concello cifra en 100.000 persoas a participación nas actividades da Festa do Pulpo 2018

13, Agosto 2018

As actividades desenvolvidas no Carballiño durante toda a semana pasada, e que culminaron este pasado domingo coa celebración da 56 Festa do Pulpo, congregaron no Carballiño ao redor de cen mil persoas, según estiman dende o propio concello.

Así mesmo, durante estes días consumíronse máis de 60.000 kg de pulpo e xeráronse preto de 65 toneladas de lixo. Dende primeiras horas desta mañá, os servizos de limpeza, brigada de medio ambiente e de obras están traballando arreo para limpar tanto o casco urbano como o parque municipal, que quedará prácticamente limpo no día de hoxe.

O concello do Carballiño agradece a colaboración prestada polas forzas de segudidade do Estado, así como pola Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, Emerxencias e todos os departamentos municipais, que realizaron durante estes días, e onte dun xeito especial, un servizo extraordinario para que todo transcurrise da mellor maneira posible.

Tamén resultou exitosa a presencia de medios de comunicación, que diron ampla cubertura a través das televisións nacionais e autonómica, radios nacionais, autonómica, provinciais e locais, e de axencias, sendo probablemente unha das edicións de maior trascendencia mediática, coa presencia incluso dunha delegación de xornalistas chineses.