O concello confirma que un traballador municipal deu positivo en coronavirus e anuncia que pecha o concello e servizos sociais ata o próximo lúns para desinfectar

15, Abril 2020

Así ven de confirmálo o concello do Carballiño mediante un comunicado difundido na noite deste mércores, tanto a casa do concello como as dependencias do departamento de servizos sociais, na rúa Faustino Santalices, permanecerán pechadas ata o próximo lúns dia 20 de Abril.

O motivo desta decisión é que "un traballador do concello do Carballiño deu positivo no test por Covid-19", e para facilitar "a desinfección total das instalacións" que levará a cabo unha empresa especializada, según se informa neste comunicado.

Durante este tempo so permanecerá operativa a Policia Local, que so atenderá a través da comunicación telefónica.

A partir da reapertura a partir do lúns da semana que ven, todas aquelas persoas que accedan ás dependencias municipais deberán ir provistas de máscara de protección e luvas.