O concello culmina a urbanización e infraestructuras do polígono industrial de Cea cunha inversión de 360.000 euros

10, Xullo 2020

O alcalde de San Cristovo de Cea fixo este anuncio no transcurso da súa intervención en COPE O Carballiño, tres actuacións coa que se completará a urbanización e infraestructuras no polígono industrial de Fondo de Cea, que ocupa unha superficie de 360.000 metros cuadrados a carón da estrada nacional 525.

José Luis Valladares confirmou que o concello de San Cristovo de Cea ven de recibir esta semana a notificación dunha subveción concedida pola Consellería de Economia, Emprego e Industria por importe de 240.000 euros para completar a infraestructura viaria de toda a área industrial, e a construcción dun depósito de auga, como dispositivo contra incendios.  Doutra parte, a Deputación aporta 120.000 euros para a construcción de beirarrúas.

Ambas obras serán licitadas e adxudicadas polo propio concello "e rematar un proxecto no que temos depositadas grandes esperanzas nun momento económico tan crucial como o que imos vivir, ofrecendo ás empresas e emprendedores a oportunidade de implantarse neste polígono, e para elo contarán con todas as facilidades que poidamos darlle dende o concello de Cea", subliñou o alcalde Valladares.