O concello da continuidade ao Servizo Municipal de Emerxencias contratando a 10 traballadores

14, Xaneiro 2016

O concelleiro de Persoal e Seguridade, Adolfo Nogueira, asinou  o contrato cos dez membros do Grupo de Emerxencias Municipal, "tras un longo período de incertidume sobre o seu futuro, que viña dende o pasado mandato municipal", manifestan dende o concello carballiñés. O pasado dia 21 de Decembro venceron os anteriores contratos de traballo.

Ao acto, que se desenvolveu no salón de sesións do concello, tamén asistiu o alcalde, Paco Fumega, quen agradeceu a súa dedicación e pediu disculpas polo retraso na consecución do obxectivo para a súa continuidade.

Asemade, Nogueira salientou que, "malia ás dificultades, os carballiñeses en ningún momento estiveron desprotexidos e que agora se regulariza unha situación anómala á que nunca se debeu chegar".

Felicitouse polo acordo acadado e asegurou que "se facía un esforzo a prol da seguridade des veciños e veciñas do Carballiño".

O contrato formalizouse con a oitop eóns e dous capataces, co que o Grupo queda conformado por doce persoas, xa que outros dous capataces xa forman parte da plantilla municipal.

Desta maneira constitúense catro brigadas de tres persoas (douspeóns e un capataz), de xeito que se cubran as 24 horas do día en turnos de 8 horas, mentres descansa a cuarta brigada.

O concello destina unha partida anual de 350.000 euros, co que se cubre a totalidade do custo do Grupo.