O concello de Beariz leva a cabo o proxecto de aforro enerxético en cinco localidades

26, Xullo 2010

O concello de Beariz inclue dentro do Plan E as obras de aforro enerxético previstas para as localidades de Magros, Correa, Alén, Framia e Abeleira. As princiais vantaxes deste sistema de xestión e aforro enerxéticos son: o aforro enerxético e en mantemento, o control do punto de luz, o sistema de vixilancia da instalación, o control integral da instalación, o sistema de comunicación por onda portadora e o sistema informatizado de control da instalación. As obras, cun orzamento total de 46.000 euros, foron adxudicadas á empresa Esinor Sistemas.