O Concello de Beariz promove o primeiro cemiterio municipal que se construirá na Comarca

16, Marzo 2010

O Concello procederá próximamente á convocatoria dun concurso público para a concesión e posterior explotación do servizo de cemiterio municipal. Desta maneira, a empresa ou sociedade que se faga coa concesión encargaráse da construcción da obra e, despois, da súa explotación, a través da venda ou aluguer dos panteóns. A ubicación elexida é o lugar do Iglesario, na capitalidade municipal, en terreos de sitos nas inmediacións da Igrexa Parroquial de Stª María de Beariz. Pola súa parte, o Concello faráse cargo da urbanización da zona, dotando a mesma dos servizos de auga, luz e demáis infraestructuras necesarias. Os responsables municipais bearicenses acordaron promover a construcción deste cemiterio municipal, que será polo tanto o primeiro de titularidade pública e aconfesional da Comarca, tendo en conta a demanda existente no municipio e a situación na que se atopan os cemiterios parroquiais, que xa non dispoñen de panteóns á venda, o que está  propiciando que moitos veciños adquiran propiedades noutros concellos, fora de Beariz. O Alcalde da localidade, Manuel Prado, declarou en Cope O Carballiño "que o  servizo de enterramento é un dos que están obrigados a prestar os concellos, e no caso de Beariz era unha necesidade que non podiamos aplazar por maís tempo".