O concello de Boborás renovará as iluminacións públicas de todo o municipio, implantando a tecnoloxía LED

12, Marzo 2018

O concello de Boborás traballa na redacción dun proxecto de reforma e modernización das iluminacións públicas en todas as localidades do municipio, asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Cipriano Caamaño.

A avaliación económica da execución deste proxecto ascende a unhos 400.000 euros, e para poder levála a cabo o rexedor municipal busca a colaboración de outras administracións.

A reforma consistirá, fundamentalmente, na reposicion das bombillas de toda a rede de iluminacións públicas nas distintas parroquias do municipio, implantando en toda elas a tecnoloxía LED.

Con esta actuación, Caamaño asegura que "non so imos ter unha mellor calidade lumínica nos nosos pobos, senón que tamén imos conseguir un importante aforro na factura eléctrica".