O concello de Leiro ratifica o acordo da Entidade Local de Berán para a licitación da explotación do balneario, nun bronco pleno que remata coa expulsión do edil socialista Manuel Rodríguez

19, Maio 2025

A corporación municipal de Leiro ratificou a proposta da Entidade Local Menor de Berán para a licitación do contrato da explotación do novo balneario, 18 anos despóis de que rematase a súa construcción.

O acordo no seo da Entidade Local de Berán foi por unanimidade dos tres membros que a integran, dous do Partido Popular e un do PSOE.

No caso da ratificación por parte do pleno do concello, o acordo foi por maioria do Partido Popùlar, mentres que o BNG optou pola abstención e o PSOE pedíu que o asunto quedase sobre a mesa, especialmente críticos coa falta de participación veciñal neste procedemento.

O Pleno rematou cun enfrontamento verbal entre o alcalde Francisco Fernández e o concelleiro do PSOE Manuel Rodríguez, que foi expulsado da sesión por parte do alcalde tras chamarlle á orden por tres veces.

Escoita aquí a crónica do pleno: