O concello destina 60.500 euros para a rehabilitación da ponte de Balboa

4, Xullo 2018

O Concello de Boborás en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño Sil comezará coas obras do arranxo da Ponte de Balboa nos próximos días e logo de que chegara finalmente o último permiso pertinente para a mesma.

O importe total da obra ascende a 60.500 euros.

As obras deseñadas teñen por obxecto a restauración, o reforzo e a consolidación da pila central da ponte.

Ao ser un ben catalogado no PXOM foi precisa para a súa reparación diferentes informes sectoriais, sendo o último deles o do control arqueolóxico ao ser unha ponte de orixe medieval, que chegou nos últimos días e polo que sufriu retrasos o inicio dos traballos de reparación.

A Ponte sufriu danos no seu pilar central por mor dos golpes recibidos por diversos troncos e nas enchentes do río Viñao. Neste sentido o Concello de Boborás solicitou un informe do enxeñeiro especialista de pontes que calculou os danos e a situación da estruturas para valorar o risco de derrube da mesma.

Nese momento o concello a espera da resolución pechou o acceso por precaución e tralo informe do experto abriuna o tráfico, xa que a pesar de precisar unha intervención non presentaba perigo algún.