O Concello do Carballiño prohibe o botellón e a práctica da mendicidade

16, Febreiro 2012

A Corporación Municipal do Carballiño aprobou unha nova ordenanza municipal "Reguladora das boas practicas veciñais e seguridade cidadán" que, unha vez  entre en vigor, prohibirá a celebración do botellón e a mendicidade no ámbito municipal. A nova normativa contou cos 9 votos a favor do Grupo de Goberno do Partido Popular, a abstención da Concelleira do BNG, e os 6 votos en contra dos concellais socialistas presentes na sesión, na que non participou o seu Portavoz, Paco Fumega.

O Alcalde Argimiro Marnotes manifestou ao presentar ao pleno a nova ordenanza que a mesma foi elaborada despois de "falar con todos os sectores sociais do pobo e chegar á conclusión de que O Carballiño non quere botellón e para elo nace esta ordenanza reguladora de boas prácticas". Non obstante, a Concelleira do BNG Aúrea Francisco chegou a ironizar "si era unha broma facíalle pouca gracia" que a normativa contemple sancións económicas de atá 100 euros pola practica da mendicidade no municipio carballiñés "xa que bastante ten o mendigo con mendigar". Pola súa parte, Toni Mateo, desde o grupo socialista pedíu que se aclararan outros puntos da normativa, aínda que finalmente os socialistas votaron en contra da ordenanza.

E Tamén cos votos en contra do PSdG e a abstención do BNG, A Corporación deu luz verde cos votos do Partido Popular, á ordenanza "Reguladora por ocupación de dominio público con mesas, sillas e tarimas". Desde o Grupo de Goberno advertíuse que "o concello non vai regular con esta ordenanza a lei que jprohibe fumar nos locais, o concello cumplirá rigurosamente a lei antitabaco" de tal maneira que non se permitirán locais anexos nin prolongacións dos propios locais.

Tanto socialistas como a concelleira do BNG desmarcaronse da aprobación da ordenanza, anunciando ademaís que non participarán na comisión de seguimento que contempla o regulamento , ao entender que a participación que tivo a oposición na súa elaboración foi nula. O Socialista Manolo Dacal suliñou na súa intervención que "non se pode consensuar con 5 hosteleiros o que lle afecta a 85".

No pleno tamén se trataron dúas mocións dos grupos da oposición. A do BNG, que solicitaba o apoio da Corporación para a iniciativa lexislativa popular  en defensa e promoción da sanidade pública en Galicia, aínda que foi secundada polo PSdG, resultou finalmente rexeitada polos votos maioritarios do Partido Popular. Sí houbo unanimidade para apoiar a moción presentada polos socialistas para que o Concello do Carballiño inste ao ADIF para que que poña en marcha unha liña de lanzaderas entre as estacións de ferrocarril do Carballiño e Ourense.