O concello do Carballiño abre unha oficina municipal de suxerencias e reclamacións

12, Setembro 2012

Coa posta en marcha deste novo servizo o goberno municipal do Carballiño pretende "mellorar  o contacto entre concello e veciños e ofrecer aos propios gobernantes unha magnifica ferramenta para afondar na problemática local".

A oficina estará aberta na planta baixa da casa do concello, de lúns a venres en horario de 8,30 a 14,30 horas. Calquera veciño que o desexe poderá presentar unha suxerencia, queixa ou reclamación, tras cumprir un impreso que será facilitado na mesma oficina.

Despois, tras o seu rexistro, será estudiada na Comisión Especial presidida pola Concelleira Pilar Caride, que deberá presentar un informe anual ao pleno da corporación. A comisión poderá emitir informes extraordinarios no caso de que as queixas ou suxerncias teñen carácter urxente.