O Concello do Carballiño concede a explotación das piscinas a unha empresa privada

21, Xuño 2012

 As piscinas municipais do Carballiño están abertas ao público desde o 22 de xuño, prolongando a tempada como é habitual ata o próximo mes de setembro. Durante o día de apertura a entrada será gratuíta, en horario de 11:00 a 20:30 horas. Este será o horario que rexerá durante todo o verán.

Os prezos das entradas durante o presente 2012 serán de 1,10 para os menores de 16 anos, e de 1,80 euros para os maiores desa idade. Tamén, e como en anos anteriores se dará a posibilidade de adquirir bonos mensuais ou de tempada. Os prezos destes bonos, ao igual que os cursos de natación que se impartirán durante o verán estarán a disposición do público nos despachos da propia piscina.

O concello do Carballiño cedeu a explotación destas instalacións municipais a unha empresa, a mesma que durante o pasado verán estivo a animar varios días as piscinas con inchables e outras actividades, e será esta a responsable do seu funcionamento dende o venres 22 de xuño. Entre as esixencias que estableceu o concello están as da seguridade, e por iso contarase cun equipo de 4 socorristas, que velarán polos bañistas durante todo o tempo en que as instalacións estean abertas.