O Concello do Carballiño convoca o concurso para a adxudicación do servizo público da ORA e o guindastre municipal

20, Decembro 2010

O adxudicatario da concesión deberá satisfacerlle ó Concello do Carballiño un canon fixo anual mínimo de 10.608 euros, asi como un canon variable que virá dado pola cantidade que resulte a favor do Concello pola aplicación dunha porcentaxe que, como mínimo, será do 50% sobre o posible superavit económico que se obteña na concesión, e que deberá acreditarse a través da liquidación que o concesiorario deberá presentar no Concello. O servizo público da ORA nas rúas carballiñesas, cos prezos que xa no seu dia fixou o pleno da Corporación Municipal, prestaráse mediante expendedores de tickes ou con tratamento de tarxetas ou similar. O Adxudicatario da ORA tamén prestará o servizo municipal de guindastre, que desta maneira pasa a privatizarse no Concello do Carballiño. O Prazo para a presentación de ofertas será de 15 dias naturais, a contar desde o pasado sábado dia 18. Previsiblemente, no vindeiro mes de xaneiro de 2011 poderá reunirse a mesa de contratación, que resolverá o concurso. No BOP e na Secretaría Municipal do Concello do Carballiño poden consultarse as bases que rixen a oferta pública para esta concesión administrativa.