O Concello do Carballiño deseña un plan para centralizar os servizos de transporte de viaxeiros e ubicar o novo centro de saúde na actúal estación de autobuses

12, Abril 2010

A idea fora feita pública fai unhos meses atrás por parte do portavoz do partido popular Argimiro Marnotes, e resulta agora refrendada por parte dos dous grupos que integran o goberno municipal bipartito, PSOE e BNG. O plan, dado a coñecer esta mañá polo Alcalde Carlos Montes, consistiría en centralizar os servizos de transportes de viaxeiros na actúal estación de Renfe, ónde se tamén se ubicarían os servizos de transporte de viaxeiros por estrada. Desta maneira, quedarían liberados os terreos que ocupa a actúal estación de autobuses, na avenida do balneario, de aproximadamente 3.000 metros cadrados edificables, que o Concello do Carballiño poñería a disposición da Consellería de Sanidade, e coa intención de construir o novo centro de saúde. Para levar a cabo este ambicioso plan, o Concello do Carballiño deberá negociar a operación co Administrador de Infraesctucturas ferroviarias, co que sería necesario acadar un acordo. Montes destacou a gran aventaxe que o plan tería para os intereses municipais e do pobo do Carballliño, xa que dunha parte aforraríase ó Concello ter que desenvolsar unha cantidade económica pola adquisición dos terreos que se necesitan para ubicar o novo centro sanitario, e doutra parte melloraríanse os servizos públicos, polo que se beneficiaría o conxunto da cidadanía. O futuro centro sanitario ocuparía unha ubicación céntrica, mentres que a estación de autobuses trasladaríase a unha zona con boas  prestacións e mellores accesos ás principais vias de comunicación por estrada. A proposta será formalmente trasladada ó pleno da corporación mucicipal por medio dunha moción que presentará o propio Alcalde, e que foi xa consensuada na xunta de portavoces.