O Concello do Carballiño non acudirá ao ICO e estudia outras operacións para pagar aos proveedores

29, Novembro 2011

Os responsables municipais do Partido Popular consideran que a liña de créditos ofrecida polo ICO ás entidades locais para o pago de débedas aos proveedores non é a mellor solución para o Concello do Carballiño e, polo contrario, a débeda municipal aumentaría polos elevados xuros que terían que pagarse, polo que descartan suscribir este tipo de crédito.

Para os gobernantes municipais do Partido Popular, esta liña crediticia do ICO impulsada polo Goberno de Zapatero supón "que se estaría pagando demasiádo en concepto de xuros, polo que a rebaixa da débeda sería moito menor". O tipo de xuro que ofrecen os créditos do ICO son do 6,5% cando na actualidade o Euribor ronda o 2% e ademáis "o periodo de amortización é corto, xa que se fala de 3 anos de amortización como máximo, o que  representaría un aumento nas cargas municipais, cun tope de crédito de 460.000 euros, o que siñificaría pagar unhos 180.000 euros de amortización e xuros", manifestan desde o Goberno Municipal do Carballiño.

Finalmente, asegúrase desde o Concello Carballiñés que "os técnicos municipais están estudiando outro tipo de operacións que permitan paliar a débeda de forma máis flexible e cómoda para o concello, buscando unhos intereses máis baixos"