O Concello do Carballiño organiza unhas xornadas para adolescentes "xóvenes saudables"

8, Xuño 2009

Asunción Rivero, promotora da actividade

Os requisitos para poder participar nesta actividade son ter entre os 13 e os 19 anos e estar empadronado no Concello do Carballiño. A cuota de inscripción é de 90 euros e as prazas dispoñibles son 73, das que oito serán subvencionadas para familias en dificultades económicas. Ademáis, o número de prazas inicialmente previstas podería ampliarse en función da demanda,. unha vez aberto o prazo de incipción a partir de hoxe lúns oito de xuño, no departamento muncipal de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. As Xornadas desenvolveránse entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, ambos inclusive.

Asunción Rivero, a Concelleira de Sanidade enmarcou esta actividade dentro da programación do "Carballiño Concello Saudable", conxunto de actividdes que se ven desenvolvendo no último ano subvencionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Durante os cinco dias da súa celebración, estas " segundas xornadas para adolescentes xóvenes saudables" incluirá varios obradoiros arredor da alimentación, a educación, as relacións sexuais ou a prevención das dorogodependencias. Outras actividades terán un carácter máis lúdico, apartado no que se incluíu un concerto da banda musical "Secho e Cia" e unha actuación da Escola Muncipal de Funky, e outras de carácter deportivo. Os últimos tres días están reservados para unha excursión  a Segovia e Madrid, onde se realizarán varias visitas, estando previsto o aloxamento dos participantes no camping "Alpha", nas proximidades da capital española.