O Concello do Carballiño presenta o programa de actos con motivo do Dia Internacional contra a Violencia de Xénero

19, Novembro 2018

O acto central institucional do concello do Carballiño con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, será o luns, 26 de novembro, e nel intervirán os centros educativos, Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica, asociacións de mulleres e, como colofón, a interpretación dunha canción a cargo de Almudena Mosquera Fernández, profesora de música e doctora en Musicoloxía pola Universidade de Salamanca.

Este acto terá lugar ás 12,00 h., no salón de plenos do concello, e celebrarase o luns porque o propio día da celebración é domingo, e non é posible contar cos centros educativos, que son unha parte importante do mesmo, según dixo a concelleira Marina Ortega.

O programa dos actos previstos para conmemorar esta efeméride foron prsentados esta mañá pola concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, xunto con Patricia Nogueira e Marina Pérez, do Centro de Información da Muller.

O programa inclúe unha charla-coloquio sobre “A violencia machista no rural”, que será impartida por Rosa Arcos Caamaño, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais –FADEMUR GALICIA. Terá lugar o venres 30 de novembro, ás 19,30 h., no salón de plenos do concello, e presentarase un estudio sobre como a violencia machista está máis invisibilizada no medio rural.

Así mesmo, realizáronse dúas xornadas de formación das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, unha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Fegamp, que tiveron lugar o 8 e o 15 de novembro.

E, finalmente, tamén se enmarca neste programa a reunión da mesa de coordinación para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero, que terá lugar o 14 de decembro ás 13,00 h., tamén no salón de plenos do concello