O Concello do Carballiño proxecta melloras na rede viaria rural. Escoita aquí ao concelleiro Miguel Fernández.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de confirmar unha axuda por importe de 53.000 euros para a mellora do camiño que vai desde O Carballiño ata o Penedo de Partovia e Mesego.
Doutra parte, o departamento de Medio Rural xestiona a construcción de beirarrúas na antiga estrada de Ribadavia ao seu paso pola parroquia de Partovia, no tramo que vai desde a fonte ao lugar de Porto de Eguas, e tamén na antiga estrada de Pontevedra, no treito entre os IES Chamoso Lamas e a entrada ao camping municipal.
Escoita aquí a entrevista a Miguel Fernández Castro, concelleiro do medio rural do concello carballiñés: