O Concello do Carballiño reduce a súa débeda viva en algo máis de medio millón de euros, durante 2011

16, Xullo 2012

Asi o pon de manifesto o último informe oficial do Ministerio de Economia e facenda relativo á "debeda viva" dos concellos españois, que se publica por cuarto ano consecutivo.

A data 31 de decembro de 2011, a débeda viva do Concello do Carballiño ascende a 3.463.000 euros ( Tres millóns catrocentas sesenta e tres mil euros ), tras conseguir reducila en 555.000 euros durante o exercicio económico anual de 2011, xa que con data 31 de decembro de 2010 esta mesma débeda era de 4 millóns 18 mil euros.

Nesta débeda do concello carballiñés recollida polo Ministerio de Economia e Facenda aínda non figuran as operacións que a institución municipal formalizou este ano para o pagamento das débedas aos proveedores. Ademáis, o concepto "débeda viva" refírese exclusivamente ás débedas cos bancos e relativas a créditos financieiros e valores de renda fixa, excluíndose a débeda comercial.