O concello do Carballiño xa rexistrou algo máis de 200 solicitudes de axuda pola inactividade durante a pandemia. O Prazo continúa aberto ata o 15 de Setembro.

5, Setembro 2020

O Concello do Carballiño, dentro do Plan de Reactivación Económica, continúa co proceso de recepción de solicitudes das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a traballadores/as autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial ou negocio afecto á actividade, radique no termo municipal do Carballiño, e este último permanecera pechado ao público ou detivese a súa actividade empresarial como consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19.

Estas axudas están destinadas a financiar diferentes gastos, a través de 3 liñas de financiamento: Gastos de alugueiro do local comercial, Transición cara ao comercio en liña ou optimización do existente e diferentes tipoloxías de axuda para financiar os gastos derivados do cumprimento das especificacións de peche de atividade tales como Gastos sanitarios e de desinfección e Gastos de asessoramento, xestoría, consultoría, ou servizos profesionais especializados
A día de hoxe recibíronse mais de 200 solicitudese, das cales o 30 % pertencen ao sector do comercio, o 40 % ao sector da hostalería, o 20 % a traballadores autónomos e o 10 % a outros sectores económicos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 15 de setembro de 2020, e para realizar calquera consulta están a vosa disposición os seguintes números de teléfono: 662920641 / 617851309.

Ademais, recordamos que o Concello do Carballiño puxo em marcha unha oficina especializada de atención ás empresas para ofrecer información e asesoramento especializado e que pode consultarse en liña na seguinte dirección: https://oficinacovid.carballino.gal