O concello do Irixo declara dous dias de loito oficial

30, Xaneiro 2017

Conmoción nas parroquias de san Cosme de Cusanca e Santa María do Campo, de onde son as familias -respectivamente- de José Alén e Virginia Ferradás.

O velorio pola veciña natural de A Lama de Campo quedou instalado no velorio municipal do Irixo. O funeral celebraráse este martes dia 31 de Xaneiro ás 12 da mañá na igrexa de Santa María do Campo.

O concello do Irixo declarou dous dias de loito oficial  e convoca unha concentración de recordo na memoria da súa veciña  este mesmo martes dia 31 de Xaneiro ás dez e media da mañá na Praza do Concello.

Para acceder á declaración institucional do concello do Irixo prema no arquivo adxunto: