O concello do Irixo investíu os 68.000 euros do fondo de compensación ambiental en prevención de incendios e obras de saneamento

5, Decembro 2012

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, achegouse ata O Irixo  para recepcionar as distintas obras que este municipio executou ao abeiro do   Fondo de Compensación Ambiental. As actuacións levadas a cabo neste concello executáronse co obxectivo de protexer o ambiente e o espazo natural, ademais de substituir redes de sumidoiros que sofren unha deterioración.

A subvención recibida polo concello do Irixo investíuse na adquisición de maquinaria que permitiu executar -según consta na memoria feita polo propio concello- obras e labores do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais neste municipio nas parroquias de Parada de Labiote, Reádigos, San Cosmede de Cusanca, Espiñeira e O Campo.

Estas obras consistiron na protección de vías, mellorando o estado de acceso aos núcleos de poboación e procedendo á conservación e mantemento das especies arbóreas protexidas e á eliminación da vexetación con alto risco de propagación de incendios. Ademais, parte da subvención destinouse á canalización do sumidoiro nos lugares de Menaz e Cardedo, según informa a propia Xunta de Galicia.

Rogelio Martínez acompañado polo alcalde do concello , Manuel Penedo, visitou as obras realizadas e constatou que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun orzamento total de 68.006 euros, dos que a maior parte -58.000 euros- destinouse a adquisición dun tractor agrícola e o resto as obras de saneamento.