O concello edita unha publicación divulgativa da Veracruz, coincidindo co 75 cabodano do pasamento do arquitecto Palacios

20, Novembro 2020

Coincidindo coa conmemoración do 75 cabodano do pasamento do arquitecto Antonio Palacios Ramilo (27 de outubro de 1945), a área de Turismo do concello do Carballiño, que coordina Manuel Dacal, editou un folleto divulgativo do Templo da Veracruz. Trátase dun tríptico en edición bilingüe (galego e castelan) con información da xénese e dos protagonistas da construcción do templo, así como dos distintos elementos que conforman a súa arquitectura. Na portada e contraportada do folleto, figuran dúas imaxes con dúas perspectivas do templo, unha diurna e outra nocturna, esta última da fotógrafa Luisa Lorenzo.

Para a súa distribución, que se fará tanto nas dependencias de Turismo do concello como no propio templo e nos hoteis da vila, editáronse un total de 13.000 exemplares. Así mesmo, a concellería de Cultura programa por esta efeméride dous concertos extraordinarios do Orfeón do Carballiño no templo da Veracruz, que terán lugar os domingos 22 e 29 de novembro, respectivamente, pola limitación do aforo a causa das restricións polo coronavirus. Ainda que estas iniciativas estaban previstas para realizarse o mes de outubro, coincidindo coa data da efeméride, tiveron que retrasarse debido á nova situación do Carballiño pola segunda onda da pandemia. Ademais, suspendéronse outras actividades, como un ciclo de conferencias sobre o arquitecto e o encargo dun busto para colocar nos arredores do templo, que se retomarán cando sexa posible.

Antonio Palacios Ramilo morreu en Madrid, dous anos despois de dar comezo as obras do templo da Veracruz (1943), e cando ainda traballaba en ampliacións do proxecto, según deixou escrito Adolfo González Amézqueta, nun especial do nº 106 da revista do COAM publicado en outubro de 1967: “Los últimos años, Palacios, muy detractado y combativo, desplazado por las nuevas ideas que se iban infiltrando en España, las del “movimiento moderno” internacional, permaneció aislado y casi solitario, obsesionado por sus obras, cada vez más gigantescamente imaginadas. Retirado en su pequeña casa de El Plantío, en un diminuto estudio de 1,80 por 2,40 metros, donde había inventado, según él, el “cuarto de no estar”, con la vista muy disminuida, casi perdida, seguía entregado a dos de sus más monumentales concepciones, la iglesia de Carballiño, para la que imaginaba ampliaciones y que no llegó a ver terminada, y el proyecto de Santuario de la Gran Promesa, para Valladolid. Allí murío el 27 de octubre de 1945. Está enterrado en la Sacramental de San Lorenzo, de Madrid”.