O concello homenaxea a José Mª Otero "Bastoncito" e anuncia a creación dunha brigada para o cuidado do parque municipal

5, Agosto 2013

O alcalde do Carballiño aproveitaba o acto de homenaxe para anunciar o compromiso de “crear unha brigada, de polo menos dúas persoas, que de forma estable se ocupe do cuidado tanto do parque municipal como de toda a área natural do río Arenteiro”.

( Redacción. Estefanía Bernárdez ) Marnotes comprometíase á creación desta birgada “no próximo exercicio orzamentario do concello”, que tería a súa sede na casa do peón caminero.

 “O Bastoncito”  foi o primer operario do parque municipal do Carballiño, dende 1934, e tamén dos primeiros en plantar moitas das árbores que hoxe forman parte deste espazo natural. Con motivo da próxima festa do polbo quíxose homenaxear a este traballador que tanto fixo polo parque do Carballiño.

 No acto estiveron o alcalde Argimiro Marnotes, a edil de turismo Pilar Caride e varios familiares do homenaxeado. Consistiu na inauguración dunha placa conmemorativa co seu nome, no centro do parque municipal.

 A familia, moi emocionada, quixo neste acto agradecer que “O Bastoncito” sexa recordado ao lado do nome do parque, lugar ao que tanto se dedicou. Tamén recordaron anécdotas do seu traballo, e como un dos fillos, alí presente, o relevaba cando era necesario.

José María Otero non só se adicou ao parque do Carballiño senón que tamén actúou de forma totalmente altruista na Saleta de Astureses, onde plantaba árborees e realizaba tarefas de mantemento.