O concello libérase do plan de axuste de 2012, ao que se someteu polo crédito de pago aos proveedores

4, Maio 2017

O concello do Carballiño sae do Plan de Axuste. Así o aseguoru o alcalde, Francisco Fumega, en rolda de prensa. Fumega dixo que, tras cinco anos de estar inmersos neste Plan, e en menos de dous anos desta lexislatura, o traballo, as prioridades e a boa xestión diron como resultado saír do Plan de Axuste no primeiro trimestre deste ano 2017.

Ao respecto recordou a promesa realizada ao comezo da lexislatura cando se propuso traballar para poder saír do Plan de Axuste no primeiro semestre do 2017, cumprindo polo tanto este desexo.

O Plan de Axuste aprobouse no ano 2012 co obxectivo de poder subscribir unha operación de crédito para facer fronte aos pagos dos proveedores, e beséase en tres pilares:

•A estabilidade orzamentaria, axustando os gastos correntes aos ingresos.

•Cumprimento da regra de gasto, pola que o orzamento municipal só pode incrementarse nunha porcentaxe que se calcula aplicando un coeficiente ao orzamento do exercizo anterior.

•Período medio de pago.

Pois ben, según dixo o alcalde, estes tres parámetros cumpríronse oficialmente no primeiro trimestre deste ano, e así o asinou a interventora. Neste documento figura que o período medio de pago é de 19 días, “un hito histórico no concello do Carballiño”, según engadiu o alcalde. No último trimestre do 2016, o concello realizou pagos por valor de 3 millóns de euros. Entre estes pagos figuran as débedas históricas con Viaqua e Fenosa, entre outras.

Neste momento a débeda do concello é do 26%, unha cifra moi baixa, según dixo o alcalde, xa que se se quixera podería acadar ata un límite do 110% do orzamento. Non obstante, asegurou que se ía continuar coa mesma política de contención do gasto e de máxima rendibilidade dos ingresos.

Ao respecto engadiu que co superávit do pasado ano (algo máis dun millón de euros), íase destinar unha cantidade –arredor de 300.000 euros- para axilizar a execución de proxectos pendentes como o cambio da iluminación pública con LED, que supón un gran aforro enerxético e económico, ou a reparación de rúas que levan anos sen mantemento e precisan melloras, sobre todo no asfaltado.

Por outra parte tamén se referiu Francisco Fumega ao marxe de revisión de determiñadas taxas, como as relativas ao Conservatorio, á Escola Municipal de Música, á Escola de Artes Escénicas e ás Escolas Municipais Deportivas, que tiñan que subir obligatoriamente cada ano por mor do Plan de Axuste, e que agora, ainda que quizá non se poidan baixar porque habería que ver a viabilidade de cada servizo, sí se poden conxelar.

De feito, o alcalde anunciou que poderían quedar case todas conxeladas. En definitiva, Francisco Fumega amosouse satisfeito por este resultado, dicindo que “é pois unha gran noticia que amosa, en primeiro lugar, a boa xestión que estamos realizando no concello; en segundo lugar, vainos permitir ter unha maior capacidade de maniobra con respecto ás taxas de determinados servizos que estaba suxeitos ás especificacións deste Plan, e en terceiro lugar, incrementa o marxe de confianza na xestión municipal.

O Partido Popular aplaude o anuncio

Ademáis de valorar como moi positivo para o concello o anuncio feito polo alcalde, os populares atribúense "parte do éxito" neste proceso iniciado en 2012 tras ser imposto polo goberno central.

Para acceder ao comunicado do grupo municipal do Partido Popular, prema no arquivo adxunto: