O concello mantén a asignación económica para a "Festa do Pulpo" no orzamento municipal, pero o alcalde Fumega dúbida da súa celebración

17, Abril 2020

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega dixo en declaracións a COPE O Carballiño que o concello vai maner invariable a aportación municipal fixada no orzamento deste ano 2020 para a organización da Festa do Polbo, pero mostra serias dúbidas sobre a súa celebración este próximo verán, debido a crise sanitaria.

O rexedor confirmou que "por prudencia imos manter a partida da festa do pulpo que temos no orzamento do concello, porque entendemos que a mellor maneira de axuda á hostalaría, e asi nolo fixeron chegar, é celebrar e mesmo potenciar a festa do pulpo, pero haberá que ver que vai pasar coas grandes concentracións para este verán".

De todos os xeitos, Fumega ten claro que "non sería unha festa de participación masiva, tal como a coñecemos" e apelou á prudencia, e mesmo á utilización dos recursos por parte do concello "porque non sabemos neste momento ata que se saiba da racadación do IVE a aportación que imos ter do Estado e do Fondo de Cooperación, o que imos recibir das outras administraccións, dende a FEGAMP xa nos advertiron que haberá recortes de fondos, aínda que os concellos terémos que seguir atendendo necesidades básicas", subliñou.

O alcalde fixo estas manifestacións tras ser preguntado por oíntes desta emisora de radio sobre a súa opinión pola "viabilidade da festa do pulpo para este ano".