O concello mantén pechadas instalacións deportivas, culturais e sociais. O PP volve pedir a creación dunha comisión presidida por Pachi Vázquez para traballar na volta á normalidade.

28, Maio 2020

O grupo popular manifesta volve insistir na necesidade de crear unha comisión municipal do Covid-19 que, precisamente entre as súas funcións, estaría adaptar todas as instlacións municipais ás medidas que se van publicando no BOE para adaptálas á nova situación e coas máximas medidas de seguridade sanitaria.

"O concello non está facendo a volta á normalidade con criterio algún e atasca posibles actividades da veciñanza do Carballiño",subliñan os populares e mesmo que "cando noutros Concellos e non moi lonxanos e de menor entidade que o noso, estanse habilitando o uso de certas instalacións deportivas como poden ser pistas de pádel ou pistas de tenis entre outras, no noso Concello non se abren ao uso do público".

En efecto, cando xa se poden facer actividades en auditorios aínda que sexa con aforo reducido, "aquí nin sequera se pode abrir as instalacións culturais para que ensaien grupos de diversas actividades como de teatro ou canto".

E tamén critica o Partido Popular a parálisis nas actividades de conciliación familiar,"coincidindo coa necesaria volta a moitos postos de traballo, e aquí, unha vez pechados os servizos en marzo, ninguén pensa en poñelos a funcionar outra vez".

Entende o PP que seguramente "por medo a non tomar medidas que sexan equivocadas", está retrasándose a apertura de instalacións e servizos.

E por eso, reiteran unha vez máis a necesidade de poñer en marcha unha comisión que baixo a presidencia de Pachi Vázquez, e na súa condición de experto epidemiólogo, estaría en condicións de coordenar todo o traballo.

Recordan ademáis, que esta comisión debería de asesorar sobre como afrontar medidas de seguridade en próximos eventos durante os seguintes meses, para que por parte de alcaldía cando se romen decisións, e saiban tomar precaucións para evitar posibles consecuencias negativas.

E finalmente, os populares recriminalle ao alcalde que non é xustificación a posible falta de persoal para servizos como limpeza, mantementos de instalacións, e outros, "pois ten a posibilidade e así se concretara entre noso portavoz máis el, a implantación dun Plan de choque covid19 por uns 80.000€ para conveniar co SEPE, persoal de diversa cualificación por que paliase as carencias do Concello para facer unha desescalada eficiente e segura, pero incluso para este, para acertar cos perfiles necesarios, faise necesario estar ben asesorado para acertar".