O concello márcase como obxetivo un "salto cualitativo" para a Festa do pulpo

13, Xullo 2017

O concello do Carballiño proponse mellorar a calidade da programación cultural e da propia Festa do Pulpo na súa 55 edición, que se celebrará o domingo 13 de agosto. Así o asegurou este mediodía o alcalde, Francisco Fumega, durante a presentación do cartel e do resto do material de difusión que comezará a distribuirse hoxe por toda Galicia.

Así, Fumega dixo que “o pasado ano a Festa do Pulpo congregou a cerca de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70.000 kilos de pulpo, cos que se elaboraron 150.000 racións. Foi un hito na historia desta festa, que esperamos superar nesta próxima edición. Sen embargo, o noso obxectivo non é de carácter cuantitativo senón cualitativo”.

Tamén se referiu ao obxectivo de acadar a internacionalidade. “Para esta edición, que esperamos sexa de tránsito cara á declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, temos previsto desenvolver un programa certamente atractivo, que presentaremos a próxima semana, pero que podo adiantar xa que será un dos mellores dos últimos anos. Por suposto, como anticipo desta gran romaría imos elaborar de novo a tapa de pulpo máis grande do mundo, pero o reto non será agrandar máis o prato, senón diminuir o tempo de elaboración da tapa xigante”.

Ademáis, agradeceu a colaboración dos patrocinadores: Xunta-Secretaría de Turismo, Deputación Provincial, Inorde, Abanca, Aceites Abril, Pazo Tizón, Estrella de Galicia, Gadis, Aparthotel Arenteiro, CER&BER, Frigorificos Florindo Bo Peixe, Pan de Cea e Comonacasa, entre outros.

Ao acto asistiron representantes destas entidades e marcas comerciais, así como os concelleiros Argimiro Marnotes, en representación da Deputación Provincial; Manuel Dacal e Diego Fernández, ademáis do autor do cartel, Ovidio Feijoo Oliveros.

Este amosou o seu agradecemento ao concello por aceptar a súa proposta, que era como o cumprimento dun soño, según dixo. Comentou que llo tiña prometido aos seus sobriños que residen na vila cos seus pais. Explicou que intentou fusionar os dous símbolos do Carballiño e de Nuremberg, como son o templo da Veracruz e o Castelo Imperial, co elemento identificador central, que é o pulpo. Así mesmo, destacou a diversidade de detalles alusivos ao oficio e á tradición pulpeira que incluiu dentro deste pulpo, como un traballo laborioso pero moi significativo.
Argimiro Marnotes disculpou a ausencia do presidente e vicepresidente da Deputación por motivos de axenda, pero asegurou que a Deputación lle concedía á Festa do Pulpo a máxima subvención que se daba a este tipo de eventos, 12.000 euros, e que a fórmula de colaboración público-privada era unha garantía para desenvolver o mellor programa posible.