O concello peonalizará a partir do sábado a Avda. do Arenteiro, Alameda e Praza Maior, para favorecer o distanciamento nos paseos

6, Maio 2020

O Concello descarta peonalizar outras rúas de forma execepcional para o tempo que dure a desescalada, tal como pedía o Partido Popular, e para evitar aglomeracións durante os paseos autorizados á poboación durante o estado de alarma.

O concelleiro de tráfico e seguridade Manuel Sotelo dixo en COPE O Carballiño que analizáranse as distintas posibilidades na Xunta de Goberno e que, finalmente, optouse por peonalizar tres espazos a partir do próximo sábado dia 9, e coa idea de favorecer a mobilidade.

Faráse asi na Avenida do Arenteiro en toda a súa extensión, entre a rúa Astureses e a avda. do parque, ampliando asi a zona que xa é peonil neste vial que bordea o rio Arenteiro e o Parque Municipal, tamén será peonil a Praza da Alameda e a rúa Norte, asi como a rúa Aldara a partir da súa confluencia coa rúa Virtud, que convertirá en peonil a fronte da casa do concello. O horario diario de peonalización será de 20 a 24 horas, e os sábados dende o mediodia.