O concello pon en marcha un protocolo para facilitar o suministro domiciliario ás persoas que o precisen. Consulta aquí todas as medidas no ámbito municipal.

13, Marzo 2020

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega anunciou esta mañá a batería de medidas acordadas polo concello para a prevención do coronavirus no ámbito municipal.

Ademáis de confirmar a suspensión da feira deste próximo lúns, tamén comunicou o peche dos parques infantís, asi como do conservatorio, a bibiloteca, Bó Día Familia, e todas as escolas municipais, tamén o pavillón de deportes e o resto das intalacións deportivas municipais permanecerán pechadas ata novo aviso.

O concello pon en marcha un protocolo para garantir o suministro alimentario ás persoas maiores que viven soas (máis de 900 persoas de máis de 70 anos no municipio), que poderá solicitarse por parte daqueles veciños que non poidan sair do seu domicilio. Tamén se reforza o servizo de teleasistencia.

Para consultar todas as medidas acordadas pol concello do Carballiño, preme no arquivo adxunto: