O concello prescinde da empresa que xestiona o servizo de axuda no fogar, que volverá sacar a concurso público

12, Novembro 2014

O alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes "decidiu, á vista dos informes presentados polos servizos de secretaria, intervención e Benestar Social, trasladar ao órgano de contrataciòn non prorrogar a concesión do servizo de axuda no fogar á empresa Galaurea SL, que solicitara polo prazo legal de 1 ano", según se informa dende o propio cocello.

Esta decisión que xa foi anunciada tanto á citada empresa, coma ao sindicato CIG, "foi adoptada tras estudar detidamente os informes de intervención, secretaria, Benestar Social, o sindicato e a propia empresa, chegando á conclusión que é a mellor forma de iniciar unha nova contratación para levar a cabo o servizo coas máximas garantías".

O contrato con Galaurea finalizará o próximo 5 de decembro. Dende o concello sacarase novamente a concurso este servizo municipal  "véndose a empresa obrigada a continuar co servizo mentres non se resolva o novo procedemento".

Finalmente, dende o concello carballiñés avanzase que "no novo expediente considerarase unha nova redacciòn dos pregos administrativos que melloren o control por parte da administraciòn, que terá unha exposiciòn pùblica para recoller achegas, previo a súa aprobaciòn".