O Concello presenta o novo proxecto para o contorno da Veracruz

5, Xullo 2012

O Alcalde do Carballiño agarda que o comezo da obra sexa inminente, de tal maneira que "estea rematada a finais deste mesmo ano, éste é o compromiso da da empresa", asegurou Marnotes.

Os responsables municipais agradeceron "a colaboración dos anteriores redactores do proxecto, retirandose do mesmo, porque se non fose asi seguramente plantexaríase un pleito que tardaría unhos anos en resolverse".

Os aspectos máis relevantes do novo proxecto para a construcción desta praza no contorno da Veracruz,, que foi presentado á veciñanza nun acto celebrado na casa da cultura, son os seguintes:

1. Conservación integral da zona axardinada existente ao sur do templo: parterres, paseos, vexetación e escalinatas.
2. Muro de silleria existente, que delimita as zonas axardinadas citadas pola rúa dos Canteiros, conservando o estado e trazado actual
3. Rectificación do trazado dos pavimentos das beirarrúas da rúa dos Canteiros, adaptado ao muro que se mantén. Corrección da aliñación da beirarrúa no tramo superior da rúa dos Canteiros, e calzada adoquinada.
4. Reserva dunha zona para actos públicos na confluencia da rúa dos canteiros coa rúa Antonio Palacios, aproveitando o desnivel existente con escalinatas a modo de bancadas.
5. Tratamento da zona norte do templo con zonas axardinadas, similar á existente na zona sur, con xardíns e paseos, evitando o uso de formigón prefabricado nos paseos. Os bordos e pavimentos das beirarrúas do vial novo serán de pedra.
6. Enlace entre as rúas Evaristo Vaamonde e Florentino López Cuevillas con uso exclusivo peonil e supresión das beirarrúas, con unificación dos espazos verdes en ambos os dous lados.
7. Execución dunha rampla de acceso ao Templo con pendentes adaptadas en substitución da actual, cun tratamento de lousado de pedra nos pavimentos da rampla e das zonas de conexión co templo e coa rúa Evaristo Vaamonde. Demolición do muro de formigón existente na rúa Evaristo Vaamonde e na parte inferior do novo vial ata quedar enterrado polos noiros.
8. Redución do ancho do vial que une a rúa Evaristo Vaamonde coa praza de San Ramón, de dimensión máxima de 8 metros, incluidas as beirarrúas. Pavimentado de adquinado similar ao da rúa dos Canteiros.
9. Reposición da capacidade de resistencia do terreo na cimentación do templo, realizando un zuncho perimetral e resolvendo a canalización de pluviais fose da cimentación para evitar a entrada de auga na igrexa.