O concello promove unha homenaxe a Xosé Benito Sieiro, párroco de San Cibrán do Carballiño dende fai 27 anos

10, Xuño 2020

O párroco do Carballiño, José Benito Sieiro González, leva vintesete anos á fronte da parroquia e por eso o concello quere promover unha homenaxe en recoñecemento do seu labor pastoral e social durante este tempo.

De feito, no concello téñense recibido algunhas propostas ao respecto e de aí que se emprenda esta iniciativa, á que se lle dará forma nas próximas semanas.

José Benito Sieiro neceu en Lebosende (Leiro), onde oficiou a primeira misa en decembro de 1960. Leva exercendo de sacerdote sesenta anos, os últimos vintesete no Carballiño.

Foi párroco de As Caldas, no barrio ourensán de A Ponte, e en 1968 estivo destinado en Santa Comba de Bande, onde comezou a oficiar a misa en galego.