O concello quere implicar á hostalería local nos festexos de verán e na mellora da reciclaxe

23, Maio 2016

O concello do Carballiño convoca ao sector hostaleiro a unha reunión que terá lugar este martes, 24 de maio, ás 17,00 h., no salón de plenos, co obxectivo de incentivar a súa participación na programación dos festexosmáis importantes do verán, fundamentalmente, do Carnaval de Verán, da Festa do Pulpo e das festas patronais do mes de setembro.

A convocatoria parte da concellería de Turismo e Festexos, pero tamén da de Medio Ambiente, pois búscase a implicación deste sector para que colabore na campaña de difusión de boas prácticas na xestión dos residuos urbanos e reciclaxe, posta en marcha hai unas semanas.

Nesta campaña, que xa conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto, o sector hostaleiro é unha peza clave, xa que produce unha gran cantidade de residuos de todo tipo e, ademáis, son lugares de encontro da veciñanza e poden axudar a difundir os folletos e carteis da campaña.

Así, pois, a esta reunión acudirán os concelleiros de Turismo e Festexos, José Manuel Dacal; a concelleira de Medio Ambiente, Erika Paz, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Cando falta menos dun mes para o comezo da tempada de verán e coobxectivo de sumar incentivos, dende o concello quérese conseguir a maior implicación posible do sector hostaleiro, e por iso nesta reunión do martes proporase a edición dunha guía turística do verán con información das festas e dos eventos culturáis e de lecer, dos lugares de interese e da oferta hoteleira e de restauración.

Asemade, a proposta de varios hostaleiros, trataranse outros temas específicos do sector, como a armonización de prezosd algúns productos de maior consumo nos bares e mesóns.