O concello realoxa no camping municipal á familia que tivo que deixar a súa vivenda tras o danos pola treboada

20, Marzo 2020

A treboada na noite deste pasado xoves acentuou os problemas de filtracións a través do tellado nesta vivenda na Avenida de Compostela do Carballiño, na que residían unha nai e tres fillos menores de idade.

Tras avaliar o estado da contrucción, anegada pola auga, os bombeiros do Carballiño determinaron que o inmoble podía presentar perigo de derrubo e procederon á evacución desta familia, que pasou a noite nas dependencias de Protección Civil.

A primeira hora da mañá, o concello do Carballiño fíxose cargo da situtación, e habilitou a palloza grande do camping municipal para realoxar provisionalmente a esta familia, e ata concretar unha mellor solución, según confirmou nesta emisora de radio o alcalde Francisco Fumega.