O concello rehabilita o forno comunal de Mouriz e acondiciona camiños na parroquia de Seoane

29, Outubro 2020

A brigada municipal de obras executa estes días o proxecto de ensanche da calzada da rua Mesón, en Seoane, cubrindo con cemento as marxes e cunetas desta rúa que ata agora eran de terra.
Asimesmo, a brigada realiza traballos de consolidación do antigo forno comunal de Mouriz, que se atopaba en perigo de derrube, pois as paredes son de cascotes que, nalgúns puntos, hai tempo que comezaron a ceder, co conseguinte risco de derrubarse.
Esta rehabilitación enmárcase na política de conservar nas mellores condicións posibles e valorizar o patrimonio etnográfico do municipio, que conta con numerosas construcións de interese nas parroquias do Carballiño.