O concello ultima o novo parque infantil temático do polbo, que incluirá tamén unha pista multideporte, no barrio de Toscaña.

3, Abril 2023

O Concello do Carballiño avanza na construción dun parque infantil no barrio da Toscaña que terá moi presente ao pulpo. Máis en concreto, as obras lévanse a cabo na zona verde pública situada na rúa Amalia Mosquera e contan cun orzamento que supera os 250.000 euros. A extensión superficial da zona na que se actúa ten máis de 1.000 metros cadrados, dos que 820 metros cadrados corresponden á zona de xogos infantís e 220 á pista multideporte.

O parque infantil constrúese nunha planta irregular de 30 metros de ancho por 40 de largo, destinada a xogos para os nenos e nenas na parte norte e a unha cancha multideporte na parte sur. Unha das atraccións estrela será un equipo combinado temático modelo pulpo, con 5 metros de altura, para un total de 70 cativos e cativas maiores de tres anos. O pavimento de seguridade será de cor azul coma o mar e os xogos serán dende un barco, ata golfiños e peixes.

Os xogos propostos adaptaranse ao desnivel existente no terreo, entre dúas plataformas a distinta rasante e un talud intermedio no caso dos xogos, e unha terceira a nivel inferior separada por un muro de contención de cantería.

Con este proxecto, "o executivo local do Carballiño segue apostando polas zonas de xogo ao aire libre para os máis pequenos, ao mesmo tempo que rende homenaxe ao pulpo como símbolo de todo un pobo", afirman dende o concello carballiñés.