O Conselleiro da Presidencia inaugura a reforma da casa do concello de Leiro

9, Agosto 2012

O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou  o concello  de Leiro para inaugurar a súa casa consistorial, que vén de ser remodelada. O conselleiro estivo acompañado durante a súa visita polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o rexedor da localidade, Francisco José Fernández, e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

O Casa do Concello de Leiro recibiu unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local pola que se lle achegaron 73.000 euros destinados a súa reforma e acondicionamento. As obras centráronse fundamentalmente na mellora da accesibilidade ao edificio e na ampliación do Salón de Plenos, cuxo espazo resultaba insuficiente.

Rueda manifestou ocompromiso da Xunta cos pequenos concellos, como é o caso de Leiro -cuns 1.800 veciños-, así como "co reequilibrio territorial e cos concellos de menor tamaño; a través de medidas como o Fondo de Compensación Ambiental, que permitiu a moitos destes concellos contar cuns ingresos extras moi necesarios", manifestou..