O conselleiro de Sanidade avanza que as restriciós relaxaránse no Carballiño antes que no resto de concellos. Podería ser este próximo venres.

18, Novembro 2020

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo hoxe que as medidas restrictivas na maior parte dos concellos manteránse moi probablemente ata o dia 4 de Decembro, pero podería haber unha excepción, a do Carballiño.

O conselleiro recoñeceu "o esforzo" que estaba facendo O Carballiño, onde os indicadores da pandemia -subliñou- igual que nos concellos da contorna son bos, pola redución de casos que se foi rexistrando nas últimas semanas. Por eso, avanzou García Comesaña, o bo comportamento do Carballiño levará a que se revisen as restriciós antes que no resto dos concellos. Podería ser na reunión que manterá o Comité Clinico este próximo venres, e sempre e cando non haxa unha involución na situación epidemiolóxica do Carballiño. Se as previsións do conselleiro se confiman finalmente, sería inminente o levantamento das restriciós que afectan a hostelería e a mobilidade.