O Consello da Xunta aproba duplicar o número de prazas na residencia de depedentes do Carballiño e licita o contrato para a súa xestión

27, Febreiro 2020

O Consello da Xunta de Galicia aprobou un acordo polo que se autoriza a tramitación do expediente do gasto relativo á contratación administrattiva para o servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia na Residencia pública do Carballiño.

Ademáis, o centro incrementará o seu número de prazas para persoas dependentes, que pasará das 25 actúais ás 50 que terá co novo contrato. A

principal novidade na licitación que sairá agora a concurso público ven dada polo incremento de prazas en relación ao contrato en vigor que remata o vindeiro dia 3 de Maio.

O importe da licitación ata final deste ano 2020 ascende aos 605.000 euros, dos que a Xunta achegará o 80% (484.000 euros)

Ademáis o contrato contemplará a posiblidade de que poida seguir en vigor ata o ano 2025, cun valor estimado de cinco millóns douscentos sesenta e sete mil euros.