O consello da Xunta aproba o convenio co concello de Piñor para a construcción dunha residencia de maiores.

25, Xuño 2024

O Consello da Xunta de Galicia aprobou, na súa reunión desta semana un convenio de colaboración co concello de Piñor por importe de 1.199.849 euros, que se achegarán en dúas anualidades a partes iguais (2024-2025) para financiar a consturcción dunha residencia para persoas maiores neste municipio.

O proxecto, según o avanzado meses atrás polo alcalde José Luis González, contará con 41 prazas para residentes, e contruiráse aproveitando en parte unha vella edificación de titularidade municipal.

A aportación económica tramítase a través dos fondos europeos do mecanismo de recuperación e resilencia do programa Nextgeneration.eu

Prevese que entre este mes e o que ven, formalícese este convenio entre Xunta e concello de Piñor, que permitirá a construcción deste futuro servizo residencial para persoas maiores neste municipio.