O coronavirus cébase na Residencia de Maiores de Beariz, que suma 5 vítimas na última semana, a última unha muller de 87 anos

13, Decembro 2020

Unha muller de 87 anos de idade  que estaba ingresada no CHUO convértese na quinta vítima do coronavirus na Residencia de Maiores San Antonio de Beariz, según ven de notificar a Consellería de Política Social neste domingo 13 de Decembro.

O primeiro falecemento no xeriátrico bearicense notificouse o pasado dia 6, unha muller de 95 anos. O dia 8 falecía outra usuaria que se encontraba hospitalizada, de 80 anos de idade. Ao dia seguinte, o pasado mércores dia 9, coñeciamos o falecemento doutras dúas persoas tamén usuarias desta Residencia de Maiores San Antonio de Beariz, un home de 86 anos e unha muller de 100 anos.

O foco de coronavirus neste xeriátrico declarouse o pasado dia 20 de Novembro, afectando a 33 usuarios e 8 traballadores. Tras os cinco falecementos  e as altas médicas xa rexistradas, o brote mantén 20 contaxios activos, 16 usuarios e 4 traballadores.