O coronavirus pecha unha aula de 8 alumnos no IES Chamoso Lamas. O virus volve entrar nos centros educativos do Carballiño, con 5 positivos.

16, Decembro 2020

A consellería de Educación informa do peche dunha aula por causa do coronavirus no IES Chamoso Lamas do Carballiño, ao rexistrarse un caso positivo dun alumno.

Según o protocolo que se ven aplicando dende o inicio do curso, non é o habitúal, que un único caso de Covid-19 leve á clausura da aula, aínda que neste caso acordouse asi ao tratarse dunha aula con tan so oito alumnos. De feito, é a primeira vez que esto acontece nos centros educativos do Carballliño, a pesar de que chegaron a rexistrar preto de medio cento de contaxios entre o alumnado no que levamos de curso. Precisamente, no propio IES Chamoso Lamas, Sanidade notifica outros dous casos positivos máis, polo que en total son 3 os que rexistra o centro.

Ademáis, na última actualización de datos, tamén figuran un contaxio activo no CPR Sagrado Corazón e CPR Vila do Arenteiro, respectivamente.