O coronavirus tamén regresa á volta das vacacións, o Colexio Vila do Arenteiro e o IES nº1 son os centros afectados

11, Xaneiro 2021

O coronavirus tamén da por rematadas as vacacións de Nadal e coa volta ás aulas a Consellería de Educación notifica 5 casos de Covid-19 en dous centros educativos do Carballliño nos que veñen de activarse o protocolo COVID. 

En concreto, son 3 casos no CPR Vila do Arenteiro e 2 no IES Nº 1 do Carballiño. No último informe, antes das vacacións de nadal, o único centro afectado -con 4 casos- era o IES Chamoso Lamas, que tralo periodo vacacional quedou libre de virus.