O Debate decisivo: este xoves dia 23 dende as 13:10 horas en directo, en COPE O Carballiño

22, Maio 2019

Esta emisora de radio reúne este xoves dia 23 de Maio aos sete candidatos á alcaldía do Carballiño nestas eleccións municipais do próximo domingo.

Ana Morgade (Compromiso por Galicia), Jorge González (Ciudadanos), Pachi Vázquez (Espazo Común), Bernardo García (Alternativa Veciñal), Chema Ferreiro (BNG) Francisco Fumega (PSdeG-PSOE) e Ricardo Perea (Partido Popular) participan neste encontro electoral que se iniciará ás 13:10 horas nos estudos de COPE O Carballiño.

Cada candidato dispoñerá de oito minutos en total para as súas respectivas alocucións.

Na primeira parte da emisión, cada candidato terá dúas intervencións de 2 minutos cada unha, na que nos achegarán a súa idea "do Carballiño que temos" e "O Carballiño que queremos".

Tras un intermedio, cada candidato terá tres intervencións -de 2, 1 e 1 minuto respectivamente- que poderán utlilizar libremente, coa temática que elixa cada candidato.

O encontro poderá seguirse en directo nas emisións de FM e Online. 

A partir das 3 da tarde poderá descargarse o PODCAST nesta mesma páxina WEB.