O EGM afianza o liderazgo radiofónico de COPE nas Comarcas do Carballiño - Ribeiro

2, Decembro 2011

O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.

O EGM, que se encarga da medición de audiencia das emisoras de radio, certificou que 11.000 ointes sintonizan a diario a programación da COPE nas Comarcas do Carballiño e o Ribeiro, polo que se afianza de forma destacada no liderazgo radiofónico comarcal en todas as franxas horarias, aínda que é no horario de mediodia, cando as distintas emisoras emiten a súa programación local, cando COPE O Carballiño concentra o seu maior número de oíntes. Nesa franxa horaria, de 13 a  15 horas COPE O Carballiño consigue, según o EGM, unha audiencia diaria de 6.000 oíntes, o que a convirte a esa hora nunha das emisoras locais con máis audiencia de toda Galicia.