O Entroido vence á choiva: Os arrieiriños de Dacón lévanse o 1º premio do desfile, por diante do Gran Musical de San Amaro, Os Azucarados de Maside e Os Musicais do Freixo.

13, Febreiro 2018

A comparsa da Asociación Cultural Os Arrieriños de Dacón volveu gañar o primeiro premio do gran desfile do martes de entroido no Carballiño, dotado con 1.300 euros.Ademáis, a comparsa daconense tamén consigue o premio especial de 300 euros.

"O Gran Musical"  de  San Amaro -que o pasado domingo conseguíu o primeiro premio do desfile de Ourense- lévase nesta ocasión o segundo premio, ao que corresponden 1.000 euros.

Completan a táboa dos grandes premios, "Os Azucarados de Maside", en terceira posición, mentres que "Os Musicais do Freixo" quedanse co cuarto premio. "O Bosque Máxico" da Anpa do colexio da Uceira, alcazan o quinto premio e "A Lenda de Lumareda" o sexto. 

As demáis comparsas participantes no concurso convocado pola concellería de cultura do concello do Carballiño  reciben todas elas un accésit de 60 euros. 

As 16 comparsas que desfilaron -non se presentaron dúas das que estaban inscritas- tardaron algo máis de dúas horas en completar o recorrido programado, con choiva incluida, que aínda que miuda, non cesou durante todo o tempo que durou o desfile, que como cada ano congregou a numeroso público a pesar do tempo desapacible da xornada, con choiva e tamén con temperaturas moi frias.

Podes ver a acta do xurado abrindo o arquivo adxunto: