O espectáculo da patinaxe artística cautiva ao público no 2º Trofeo Terras do Orcellón, que reuníu no Carballiño a 300 patinadoras

4, Xullo 2022

O Club de Patinaxe Aehde sumou o seu terceiro podio da tempada en grupos show noutros tantos torneos ao rematar na segunda posición, en grupos pequenos de segunda categoría, no II Trofeo Terras do Orcellón.

Unha cita na que o club carballiñés era o anfitrión nunha cita onde o gran protagonista foi o CPA Gondomar ca súa coreografía , que a menos dunha semana de afrontar o Campionato de Europa en Italia puxo patas arriba o pavillón Paco Chao ca súa posta en escena, que obtivo a mellor puntuación dos 30 grupos participantes: 57,2.

O Gondomar impúxose na Primeira categoría de grupos pequenos por dediante duns estupendos Axel e Brion, e tamén gañou en grupos grandes de segunda categoría con , co Ourela e o Patín Noia completando o podio.

En grupos pequenos o triunfo foi para o Arealonga Chapela ca súa coreografía . O campión galego da categoría impuxose con 49,3 puntos por diante do Aehde e do Ourela, que completaron o caixón.

Nos cuartetos, o Axel, campión galego a categoría impúxose ca súa coreografía e nunha atractiva competición ao Brión e o Patín Oroso, club que repetiu en categoría júnior.

O evento celebrado en O Carballiño reuniu a preto de 300 patinadoras e Paco Chao rexistrou unha excelente entrada ao longo de toda unha tarde que significou a recuperación do trofeo de patinaxe artística na modalidade de grupos show de O Carballiño.